Colección: LOF HANDMADE

​Que é LOF Handmade?

Ola, son Leticia. LOF Handmade é unha oda á miña familia e a miña nenez. Medrei vendo como a miña avoa, a miña nai e a miña irmá creaban coas súas mans pezas marabillosas para casa ou para vestir, usando para iso todas as técnicas que fosen necesarias. Elas sementaron, sen darse conta, algo en min. 

O meu traballo céntrase sobre todo na creación de bolsos, coxíns e bordados decorativos e/ou personalizados. Non teño un estilo definido e é posible que nunca o teña porque, ademais de que quizais sexa un reflexo da miña personalidade, é así como o vivín. Elas facían o que as necesidades ou o corazón lles pedían, polo que é aí onde está a miña «esencia» e a miña «marca».



A Filosofía de
LOF

En LOF Handmade creo pezas únicas, non fago dúas iguais porque así o facían as miñas “mestras”. Non sigo tendencias ou modas. Prefiro seguir o meu propio camiño e o que marca o meu corazón. 

Utilizo materiais procedentes do comercio local para promover deste xeito unha economía circular. Os tecidos para os bolsos son reciclados ou restos de stock que busco en almacéns ou mercadillos co fin de minimizar a miña pegada ambiental. A todos eles considéroos tesouros esquecidos e achegan un significado especial a cada unha das miñas creacións. 

Creo firmemente no valor das pezas únicas feitas a man.


WEB

Instagram

0 productos

Filtrar y ordenar

Filtrar y ordenar

0 productos

0 productos

No se encontró ningún producto
Usa menos filtros o borra todo