Colección: MARUXIO

Maruxío é un proxecto de vida que queremos compartir con aqueles que, coma nós, aman o rural e os saberes tradicionais, senten o medio natural como unha segunda pel e procuran un xeito de vivir e de consumir que coide da súa saúde e da comunidade.

Por iso regresamos ao fogar da nosa familia, Casa Terra de Rebolos, no concello da Estrada, e puxemos en marcha un obrador de repostería saudable, de onde saen os nosos rebolos, galletas elaboradas con produtos de calidade, primando a proximidade e ecolóxicos. E por iso abrimos a nosa casa para promover o intercambio de saberes a través de actividades de formación e o convertemos nun espazo multi disciplinar aberto á creación, ao diálogo e á convivencia.

E por iso tamén ofrecemos a nosa casa como aloxamento, onde poderás descansar, re conectar contigo, cos teus e coa natureza, buscar inspiración ou acougo e descubrir, se aínda non o sabes, onde queres estar.

Maruxío, é a mistura dos nosos nomes -María e Uxío- e das nosas esencias, a terra e o sal. Maruxío é un xeito de vivir tinxido de azul e de verde, que cheira a cereal acabado de moer e a salitre, que sabe a améndoa e a mel, que ten o tacto das mans enfariñadas e que soa a conversa, a risa e a cantiga.


Filtrar:

Disponibilidad
0 seleccionados Restablecer
Precio
El precio más alto es €18.00 Restablecer
Tipo de producto
0 seleccionados Restablecer

8 productos

Filtrar y ordenar

Filtrar y ordenar

8 productos

Disponibilidad
Precio

El precio más alto es €18.00

Tipo de producto

8 productos